Eleccións parlamentarias de Chile de 1945
Eleccións parlamentarias de Chile de 1945 | |
---|---|
← 1941 1949 → | |
Data | 4 de marzo de 1945 |
Tipo | eleccións parlamentarias de Chile |
Cargo elixido | deputado de Chile |
Resultado da votación | |
As eleccións parlamentarias de Chile de 1945 celebráronse o 4 de marzo. Correspondentes ao período 1945-1949, escolléronse 147 deputados e renováronse 25 dos 45 postos de senador. A dereita, conformada por conservadores e liberais, logrou impoñerse esta vez á radical-socialista Alianza Democrática, por unha ampla marxe, recuperando o control do congreso. As eleccións xerais anteriores foran en 1941 e as posteriores foron en 1949.
Os partidos de goberno uníronse na Alianza Democrática, integrada por radicais, socialistas, democráticos e comunistas. A Falanxe Nacional integrou nalgunhas circunscricións listas comúns coa Alianza Democrática, pero noutras pactou coa dereita.
O Partido Socialista Auténtico, partido escindido do partido socialista por unha disputa entre as seccións de Marmaduque Grove e Salvador Allende, presentou listas propias na maioría do territorio, aliándose coa oposición noutras.
Durante estas eleccións o Partido Comunista de Chile atoparase fóra da legalidade polo decreto de Arturo Alessandri, chamado Lei de Seguridade Interior del Estado, que evitaba a existencia de partidos revolucionarios. O Partido Comunista presentouse baixo o nome de Partido Progresista Nacional.
Tras a elección, o presidente Juan Antonio Ríos formou o 14 de maio de 1945 un novo gabinete integrado polos partidos Radical, Democrático, Socialista Auténtico e Falanxe Nacional.
Eleccións á Cámara de Deputados
[editar | editar a fonte]Pacto | Sigla | Número de votos | Porcentaxe | Deputados electos | |
1. | Alianza Democrática | ADCh | 42,20% | 66 | |
Partido Radical | PR | 89.922 | 20,00% | 39 | |
Partido Comunista (1) | PPN | 44.133 | 10,20% | 14 | |
Partido Socialista | PS | 32.314 | 7,20% | 6 | |
Partido Democrático | PDo | 21.463 | 4,80% | 6 | |
2. | Dereita | 45,60% | 73 | ||
Partido Conservador | PC | 106.264 | 23,60% | 36 | |
Partido Liberal | PL | 80.579 | 17,90% | 31 | |
Partido Liberal Progresista | PLP | 9.849 | 2,20% | 3 | |
Partido Agrario | PA | 8.750 | 1,90% | 3 | |
3. | Partido Socialista Auténtico | PSA | 25.104 | 5,27% | 3 |
4. | Falanxe Nacional | FN | 11.565 | 2,60% | 3 |
5. | Alianza Popular Libertadora | APL | 6.297 | 1,40% | 1 |
6. | Partido Demócrata | PDa | 4.952 | 1,10% | 1 |
7. | Independentes | ind | 4.025 | 0,90% | 0 |
Total | 453.829 | 100% | 147 | ||
Poboación total | 5 541 000 | ||||
Total de electores habilitados | 641.485 | ||||
Validamente emitidos | 449.930 | 70,10% | |||
Abstención electoral | 151.656 | 29,90% |
Fonte: Jaime Etchepare Jensen, Surgimiento y evolución de los partidos políticos en Chile, 1857-2003 , Concepción, Universidade Católica de la Santísima Concepción, 2006, p. 127.
(1) O 12 de febreiro de 1937, Arturo Alessandri Palma ditaminou a "Lei de Seguridade Interior do Estado", por medio da cal o Partido Comunista quedaba ilegalizado e en clandestinidade. Os seus líderes decidiron inscribir o partido baixo outro nome, primeiro Partido Nacional Democrático, e para as eleccións de 1941 ocupou o de Partido Progresista Nacional.
Presidentes da Cámara de Deputados
[editar | editar a fonte]Inicio | Fin | Presidentes | Partido | Imaxe |
---|---|---|---|---|
15 de maio de 1945 | 15 de maio de 1949 | Juan Antonio Coloma Mellado | PC |
Lista de deputados 1945-1949
[editar | editar a fonte](1) Bernardo Ayala Zuleta foi desaforado por un oficio do Presidente da Corte de Apelacións de Concepción o 4 de xaneiro de 1949, para ser procesado por unha investigación de corrupción. Ao ser desaforado, a Constitución de 1925 determinaba a inhabilitación da cota, polo que non se ocupou a vacante.
(2) Fernando Cisterna Ortíz aceptou dirixir a misión diplomática en marzo de 1947. O 9 de setembro de 1947 incorporouse substituíndoo o deputado José Avilés Avilés (PR), tras vencer nas eleccións complementarias para a vacante ao radical Humberto Rojas, ao democrático Máximo Venegas Sepúlveda e ao agrario laborista Ismael Valdés Alfonso (7.377 votos contra 3.744, 1.196 e 839 respectivamente).
(3) José Alberto Echeverría Moorhouse faleceu o 29 de agosto de 1948. A vacante non se ocupou, xa que restaban sete meses para a elección parlamentaria seguinte.
(4) Juan Escala Garnham faleceu o 28 de novembro de 1946. Levouse a cabo unha elección complementaria onde venceu Fernando Durán Villarreal (PC) ao candidato da Falanxe Nacional Raúl Oliva, incorporándose á Cámara de Deputados o 11 de febreiro de 1947.
(5) Ismael Carrasco Rábago faleceu o 5 de abril de 1946. Realizouse unha elección complementaria onde gañou o candidato conservador Enrique Wiegand Frödden (21.304 votos) contra os candidatos Rolando Rivas Fernández (PRDe, 7.177 votos), Esteban Delgadillo (PPN, 6.879 votos) e Francisco Vío (FN, 1.714 votos). Wiegand incorporouse á Cámara de Deputados o 25 de xuño de 1946.
(6) Manuel Cabezón Díaz incorporouse presuntivamente o 15 de maio de 1945. Mais Esteban Bedoya Hunsdoerff (PDo) incorpórase no seu lugar o 13 de xullo de 1945, tras un ditame do Tribunal Cualificador de Eleccións.
(7) Enrique Madrid Osorio faleceu o 16 de agosto de 1945. O 17 de outubro do mesmo ano incorporouse como substituto o liberal Eduardo Pompeyo Moore Montero, tras vencer ao radical Rafael Vergara nas eleccións complementarias para encher a vacante (8.350 contra 6.446 votos).
(8) Rafael Cifuentes Latham faleceu o 14 de setembro de 1945. Héctor Zañartu Urrutia (PC) incorporouse no seu lugar o 18 de decembro do mesmo ano, tras vencer nas eleccións complementarias, con 8.439 votos, ao democrático Miguel Ángel Vega (2.413 votos) e ao socialista Pedro Poblete Vera (1.654 votos).
(9) Liolel Edwards Atherton faleceu o 24 de abril de 1948. Ao quedar menos de once meses para a seguinte elección parlamentaria, a Constitución de 1925 consagra que non se procede a ocupar a vacante.
(10) José Osorio Navarrete faleceu o 11 de setembro de 1948. Ao quedar menos de once meses para a seguinte elección parlamentaria, a Constitución de 1925 consagra que non se procede o posto libre.
(11) Juan Bautista Chesta Pastoureaud faleceu o 25 de marzo de 1948. Ao restar doce meses si se procede a ocupar a vacante por medio dunha elección complementaria. Na ocasión venceu o agrario laborista Braulio Sandoval Muñoz (11.341 votos) contra o radical Darío Cabrera (9.617 votos).
(12) Juan Rafael Del Canto Medán presuntivamente incorporouse como deputado o 15 de maio de 1945. Mais, por ditame do Tribunal Cualificador de Eleccións, incorporouse no seu lugar Jorge Rogers Sotomayor (FN), que ingresou na Cámara de Deputados o 24 de xullo de 1945.
Eleccións ao Senado
[editar | editar a fonte]Pacto | Sigla | Número de votos | Porcentaxe | Deputados electos | |
1. | Alianza de Defensa da Democracia | ADD | 117.703 | 48,03% | 12 |
Partido Liberal | PL | 48.941 | 21,04% | 7 | |
Partido Conservador | PC | 35.730 | 15,36% | 5 | |
Partido Liberal Progresista | PLP | 16.854 | 7,24% | 0 | |
Falanxe Nacional | FN | 7.959 | 3,42% | 0 | |
Alianza Popular Libertadora | APL | 1.531 | 0,65% | 0 | |
Partido Agrario | PA | 688 | 0,29% | 0 | |
2. | Alianza Democrática | ADCh | 114.091 | 49,05% | 13 |
Partido Radical | PR | 43.819 | 18,84% | 7 | |
Partido Progresista Nacional | PPN | 31.708 | 13,63% | 3 | |
Partido Socialista | PS | 21.625 | 9,29% | 2 | |
Partido Democrático | PDo | 10.105 | 4,34% | 1 | |
Partido Demócrata Nacionalista | PDN | 3.120 | 1,34% | 0 | |
Partido Radical Socialista | PRS | 1.981 | 0,85% | 0 | |
Vangardia Popular Socialista | VPS | 1.733 | 0,74% | 0 | |
3. | Independentes sen pacto | ind | 5.714 | 2,45% | 0 |
Nulos e brancos | N / B | 1.049 | 0,45% | ||
Total | 232.557 | 100% | 25 | ||
Poboación total | 5 541 000 | ||||
Total de electores habilitados | 303.870 | ||||
Validamente emitidos | 231.508 | 76,18% | |||
Abstención electoral | 72.362 | 23,82% |
Presidentes do Senado
[editar | editar a fonte]Inicio | Fin | Presidentes | Partido | Imaxe |
---|---|---|---|---|
15 de maio de 1945 | 15 de maio de 1949 | Arturo Alessandri Palma | PL |
Lista de senadores 1945-1949
[editar | editar a fonte]As agrupacións provinciais que escolleron senadores nesta elección para o período 1945-1953 foron: Tarapacá e Antofagasta; Aconcagua e Valparaíso; O'Higgins e Colchagua; Ñuble, Concepción e Arauco; Valdivia, Osorno, Llanquihue, Chiloé, Aysén e Magallanes.
No cadro de distribución amósanse marcados en amarelo aqueles escanos que se decidiron nesta elección. Aquelas provincias que se encontran en cor celeste na lista que a continuación se entrega, corresponden aos senadores do período 1941-1949.
(1) Gabriel González Videla foi electo Presidente da República o 24 de outubro de 1946. Asumiu a presidencia o 3 de novembro do mesmo ano, procedeuse a unha elección complementaria, onde se presentou como candidato único o radical Ángel Custodio Vásquez Galdames, quen se incorporou o 11 de febreiro de 1947.
(2) Diego Echenique Zegers faleceu o 6 de agosto de 1947. Procedeuse a unha elección complementaria onde triunfou o liberal Diego Francisco Bulnes Correa (19.648 votos) contra o conservador Miguel Concha Quezada (5.797 votos) e o socialista Eugenio González Rojas (2.449 votos). Incorporouse o 22 de outubro de 1947.
(3) Arturo Alessandri Palma foi electo o 8 de novembro de 1944 para substituír o senador Amador Pairoa Trujillo (PPN), falecido o 15 de xullo de 1944. Alessandri venceu na elección complementaria ao independente Guillermo del Pedregal Herrera e adxudicouse o período senatorial restante até 1949.
(4) Jaime Larraín García-Moreno foi electo para ocupar a vacante do falecido senador Darío Barrueto Molinet (PR), que morreu o 29 de decembro de 1944. Larraín foi electo o 10 de abril de 1945, tras vencer en elección complementaria ao radical Hernán Figueroa Anguita.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Evolución y Funcionamiento del Sistema Político Chileno"; Matías Tagle Domínguez; Ediciones de la Université Catholique de Louvain; Bruxelas, Bélxica; 1982.
- "Historia Política de Chile y su Evolución Electoral desde 1810 a 1992"; Germán Urzúa Valenzuela, Editorial Jurídica de Chile, Santiago, 1992.
- "Chile en el Siglo XX"; Mariana Aylwin Oyarzún, Carlos Bascuñán Edwards, Sofía Correa Sutil, Cristián Gazmuri Riveros, Sol Serrano Pérez, Matías Tagle Domínguez. Editorial Planeta, Santiago, Chile, 1990.